Dende o Clúster da función Loxística de Galicia precisamos incrementar o equipo e incorporar un técnic@ de proxectos para o impulso da asociación.
Buscamos unha persoa proactiva, polivalente, con capacidade de aportar ideas e asumir retos en colaboración coas mellores empresas de Galicia.
Principais funcións:
- Seguimento técnico das colaboracións externas entre o Clúster e resto de entidades.
- Elaboración de estudos ou informes segundo as indicacións das entidades asociadas.
- Identificación e impulso de proxectos estratéxicos para a función loxística.
- Tarefas de promoción e eventos.
- Dinamización dos grupos de traballo creados polo Clúster para o impulso de proxectos colaborativos.
- Solicitude e xustificación de axudas.
Ofrecemos:
- Incorporación inmediata con posibilidades reais de permanencia.
- Centro de traballo en Santiago de Compostela.
- Posibilidade de teletraballo 2 días á semana.
- Bo ambiente de traballo e flexibilidade horaria.
- Formación continua.
- Participación en eventos corporativos nacionais e internacionais.
- Banda salarial no contorno dos 25.000 € brutos anuais.
Requisitos:
- Experiencia de, al menos, 1 ano en tarefas relacionadas con xestión de proxectos, subvencións públicas, estudios técnicos ou similar.
- Bilingüe en castelán e galego.
- Nivel de inglés medio- alto (B2).
- Nivel avanzado de ofimática.
- Persoa orientada ao resultado, con atención ao detalle, organización e método de traballo.
Valorable:
- Coñecementos loxísticos e de transporte.
- Formación en comercio internacional.
- Formación en sostibilidade.
- Licenza de conducir e vehículo propio.
- Habilidades en comunicación, negociación e traballo en equipo.
Se estás intereresad@ en participar no proceso de selección, envíanos o teu curriculum vitae e unha breve memoria da túa experiencia previa relacionada co posto a talento@clusterfuncionloxistica.org
Confidencialidade garantida.