- Inicio
- Academy
oportunidades de crecemento
Galicia Logistics Academy
Galicia Logistics Academy é unha iniciativa do Clúster da función loxística de Galicia, enfocada á mellora e capacitación integral do sector a través de formación a medida, centrada tanto na mellora da xestión e organización, como na adquisición de competencias para o uso de novas tecnoloxías que poñan en relevancia o texido empresarial galego.
O obxectivo de Galicia Logistics Academy é a oferta accesible e especializada de cursos no ámbito da loxística e o transporte. A formación, non regrada, terá como obxectivo fundamental a reciclaxe de persoas traballadoras da función loxística de Galicia e a formación de novo talento que poida incorporarse ao sector.
Galicia Logistics Academy é unha acción do Clúster da Función Loxística de Galicia apoiada pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e o IGAPE.

Academy
Actualmente non temos ningún programa formativo en marcha.
Información importante: Se queres recibir información directamente no teu correo electrónico sobre as nosas formacións, eventos e novas destacadas, podes subscribirte ao noso boletín neste enlace.