Súmate ao impulso

Xuntos, crearemos o futuro loxístico de Galicia

Únete ao Cluster da función loxística de Galicia e forma parte dunha rede de empresas, institucións e profesionais do sector que traballan xuntos para potenciar o desenvolvemento económico da rexión.

A través de colaboracións estratéxicas, innovación e sinerxias, o Clúster ofrece unha contorna colaborativa e dinámica que impulsa a competitividade e o crecemento empresarial.

Faite membro e prepárate para ser parte do futuro loxístico de Galicia!

As vantaxes obtidas da adhesión ao Clúster da función loxística de Galicia son as seguintes:

Accións colaborativas

Integración en accións colaborativas entre os membros do Clúster

Creación de sinerxías

Beneficiario na creación de sinerxías propias da colaboración

Acceso á información

Acceso á información propia dos procesos de investigación e seguimento do Clúster

Ecosistema loxístico

Participación no maior movemento coordinado en favor do ecosistema loxístico de Galicia.

Asociación empresarial

Pertecemento á maior asociación empresarial adicada á función loxística de Galicia, coa proxección de liderar o Polo Atlántico dentro da estratexia loxística ata 2022.

Internacionalización

Participación en programas e accións levadas a cabo polo Clúster para facilitar a internacionalización dos seus asociados.

Formulario de adhesión

Únete á nosa comunidade de empresas líderes e descobre solucións innovadoras para optimizar a túa cadea de subministración. Potencia o teu éxito empresarial ao máximo co apoio e colaboración do Clúster da función loxística de Galicia.

Descarga o formulario de adhesión  e súmate á maior comunidade da función loxística da rexión.