O Cluster selecciona técnico/a de proxectos

Dende o Clúster da función Loxística de Galicia precisamos incrementar o equipo e incorporar un técnic@ de  proxectos para  o impulso da asociación.

Buscamos unha persoa proactiva, polivalente, con capacidade de aportar ideas e asumir retos en colaboración coas mellores empresas de Galicia.

Principais funcións:

  • Seguimento técnico das colaboracións externas entre o Clúster e resto de entidades.
  • Elaboración de estudos ou informes segundo as indicacións das entidades asociadas.
  • Identificación e impulso de proxectos estratéxicos para a función loxística.
  • Tarefas de promoción e eventos.
  • Dinamización dos grupos de traballo creados polo Clúster para o impulso de proxectos colaborativos.
  • Solicitude e xustificación de axudas.

Ofrecemos:

  • Incorporación inmediata con posibilidades reais de permanencia.
  • Centro de traballo en Santiago de Compostela.
  • Posibilidade de teletraballo 2 días á semana.
  • Bo ambiente de traballo e flexibilidade horaria.
  • Formación continua.
  • Participación en eventos corporativos nacionais e internacionais.
  • Banda salarial no contorno dos 25.000 € brutos anuais.

Requisitos:

  • Experiencia de, al menos,  1 ano en tarefas relacionadas con xestión de proxectos, subvencións públicas, estudios técnicos ou similar.
  • Bilingüe en castelán e galego.
  • Nivel de inglés medio- alto (B2).
  • Nivel avanzado de ofimática.
  • Persoa orientada ao resultado, con atención ao detalle, organización e método de traballo.

Valorable:

  • Coñecementos loxísticos e de transporte.
  • Formación en comercio internacional.
  • Formación en sostibilidade.
  • Licenza de conducir e vehículo propio.
  • Habilidades en comunicación, negociación e traballo en equipo.

Se estás intereresad@ en participar no proceso de selección, envíanos o teu curriculum vitae e unha breve memoria da túa experiencia previa relacionada co posto a talento@clusterfuncionloxistica.org

Confidencialidade garantida.