traballamos en rede

Rede de Docentes da Función Loxística de Galicia

A Rede de Docentes da Función Loxística de Galicia é unha iniciativa promovida polo Clúster da función loxística de Galicia co obxectivo de crear un espazo de colaboración e intercambio de coñecemento entre profesionais da docencia vinculados aos ámbitos da loxística, o transporte, a cadea de subministración e a xestión empresarial.

Esta rede está formada por profesorado de Formación Profesional e universidade que imparten contidos relacionados coa función loxística. A través dela, búscase:

  • Fortalecer os vínculos entre o sistema educativo e o tecido empresarial galego.

  • Actualizar contidos e metodoloxías docentes de acordo coas necesidades reais do sector.

  • Promover proxectos colaborativos, visitas técnicas, obradoiros e outras actividades que acheguen ao alumnado ao mundo profesional.

  • Favorecer a innovación e a mellora continua na formación loxística en Galicia.

 

Desde o Clúster, apoiamos esta iniciativa como un piar estratéxico para impulsar o talento e contribuír á competitividade do sector loxístico galego, apostando polo traballo conxunto con docentes comprometidos/as cunha formación conectada coa realidade e preparada para os retos do futuro.