GALICIA TERRITORIO LOXÍSTICO DEIXA A SÚA PEGADA NO SIL 2024

12 de xuño de 2024:

O Clúster da función loxística de Galicia presentou baixo o proxecto “Galicia Territorio Loxístico” as fortalezas e capacidades da rexión neste ámbito, poñendo énfases a súa localización estratéxica como porta ao Atlántico e a súa longa experiencia no sector portuario e transporte marítimo.

 

Evento: “Galicia coma exemplo de colaboración público-privada”

O impacto da presencia de Galicia na feira culminouse cun evento no que participaron a Conselleira de Economía e Industria da Xunta de Galicia, María Xesús Lorenzana, os presidentes do porto da Coruña, Martín Fernández, e o porto de Vigo, Carlos Botana, o presidente do Clúster Xoán Martínez e o xerente Iago Domínguez; o evento tamén contou coa presencia de Covadonga Toca, presidenta do Igape.

Na súa intervención, a Conselleira Lorenzana sinalou que “a industria é loxística e a loxística é industria” sendo un sector estratéxico para a economía galega debido a que supón un 12% do emprego e do PIB. Adiantou que, como sector estratéxico, terá o seu propio Plan Director no que colaborarán administración e empresa por igual. Ademais, agradeceulle ao clúster a súa labor agrupando diferentes axentes ao redor da loxística. O mesmo presidente do clúster centrou a súa intervención na importancia da colaboración para o éxito do proxecto, e da función do clúster onde operadores loxísticos, portos e cargadores, xunto con instancias políticas nacionais, rexionais e municipais danse a man co fin último de “gañar en eficiencia”.

O sector portuario tamén tivo a súa mesa de debate para expoñer as capacidades loxísticas no ámbito marítimo. Nunha sesión moderada por Rafael Sabucedo, membro da xunta directiva do clúster, os dous presidentes falaron de proxectos e retos para os portos galegos.

Martín Rodríguez, presidente do porto da Coruña, sinalou que tanto o seu porto como o de Ferrol, especializaron as súas instalacións exteriores ó mesmo tempo que ambos se complementan para afrontar os retos do futuro, como son a descarbonización e a sustentabilidade. Neste sentido, Martín Rodríguez comentou os pasos cara a próxima conexión ferroviaria de Punta Langosteira para promover a intermodalidade ata Castela e León. Tamén destacou a aposta polos novos combustibles, cun papel relevante no tráfico de produtos enerxéticos, que a medio prazo verase complementado cos biocombustibles e a posta en marcha de proxectos en metanol verde e amoníaco verde.

Carlos Botana explicou o papel do porto de Vigo como hub agroalimentario e o seu desenvolvemento intermodal gracias a Plisan, unha infraestrutura que dotará de intermodalidade ferroviaria ás instalacións portuarias, a través das súas 400 hectáreas con conexións multimodales. O porto de Vigo tamén aposta pola colaboración entre portos, a innovación para gañar axilidade loxística usando ferramentas dixitais e de intelixencia artificial,  e o aumento da conectividade marítima, en short sea shipping e deep sea shipping.

O xerente de clúster, Iago Domínguez, abriu o evento ofrecendo unha visión do posicionamento de Galicia como a sexta comunidade autónoma máis exportadora de España, éxito logrado tamén gracias a un sector loxístico moi desenvolvido e a unha función loxística integrada nas empresas industriais con gran capacidade de coordinación. Explico que na loxística galega, predominan os sectores con fluxos e loxísticas esixentes como son o téxtil, a automoción ou alimentación con temperatura controlada. Na súa intervención tamén presentou o papel do clúster neste éxito e as liñas de traballo nas que está inmerso o equipo.

Ademais do evento do venres, Galicia contou cun stand propio durante toda a feira onde os visitantes puideron obter información detallada sobre as capacidades loxísticas da rexión e as oportunidades de negocio que ofrece a través dos representantes do clúster.