O Clúster da función loxística de Galicia reúnese coa Asociación de Empresarios do Tambre para seguir avanzando no estudo da Plataforma Loxística de Distribución de Mercadorías no Centro Histórico de Santiago de Compostela.
O Concello de Santiago de Compostela contratou o Servizo de Asistencia Técnica destinado á recompilación e análise de datos sobre demandas e necesidades relacionadas coa futura Plataforma Loxística de Distribución de Mercadorías no Centro Histórico. A UTE Tema e Iplan están a desenvolver este estudo, no que o Clúster colabora de forma desinteresada para garantir que se teñan en conta as opinións e necesidades das empresas implicadas.
Como parte deste proceso, onte celebrouse unha reunión cun grupo de dez empresas da Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Tambre, na que se recolleron impresións e datos clave para o proxecto.
Durante o encontro, participaron Iago Domínguez, xerente do Clúster da Función Loxística de Galicia; Sergio Pérez, consultor da empresa i-Plan; e José Manuel Beceiro, xerente da Asociación Área Empresarial do Tambre.
Iago Domínguez, xerente do Clúster, destacou a importancia do estudo, sinalando que «representa un paso fundamental cara a unha xestión máis eficiente e sostible da distribución de mercadorías no casco histórico compostelán».