O noso III Outono Loxístico chegou ao seu remate coa Cápsula Formativa “Xestión de Crise e Continuidade de Negocio”, na que se compartiron claves para fortalecer a resiliencia das empresas ante interrupcións imprevistas.
O ponente de WTW Fernando Redondo definiu a continuidade de negocio como o tempo necesario para recuperar a actividade tras unha crise, require planificación, estratexias claras e probas regulares. Entre os conceptos esenciais tratados, destacou:
BIA (Análise de Impacto no Negocio): Identificación de procesos críticos.
MTPD (Tempo Máximo de Parada Tolerable): Limite temporal para evitar danos irreparables.
RTO (Obxectivo de Tempo de Recuperación): Meta temporal para restablecer operacións.
A xornada tamén afondou no marco normativo, coa ISO 22301 como referencia internacional e o Good Practices Guide (GPG) como guía para implementar estas prácticas.
💡 Aprendizaxes clave:
1️⃣ Planificar non abonda: É imprescindible testar os plans con simulacións reais.
2️⃣ Análise de riscos personalizada: Cada empresa ten ameazas específicas que requiren solucións adaptadas.
3️⃣ Comunicación eficaz: Garantir información clara e predefinida é fundamental para xestionar crises.
Os asistentes pecharon a sesión tendo claro que a continuidade de negocio non só preserva a operatividade, senón que tamén asegura postos de traballo, protexe a reputación corporativa e garante o servizo ao cliente, reforzando a competitividade e sustentabilidade ao longo prazo.