Do 1 ao 4 de xullo de 2025, unha delegación galega composta por representantes de entidades públicas e privadas dos sectores do transporte e da loxística participou nunha visita de benchmarking ao Porto de Nantes-Saint Nazaire (Francia). A actividade, organizada polo IGAPE, enmárcase no proxecto Digital Cologistics, que ten como obxectivo reforzar a colaboración transfronteiriza na Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal e impulsar a transformación dixital do sector loxístico.
No marco desta visita, catro empresas socias do Clúster beneficiáronse directamente do financiamento desta iniciativa.
A acción permitiu identificar boas prácticas, intercambiar coñecemento e explorar novas oportunidades de cooperación, contribuíndo a avanzar na dixitalización e sostibilidade da loxística galega.

O proxecto 0107_DIGITAL_COLOGISTICS_1_E está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER no marco do programa Interreg VI A España – Portugal (POCTEP) 2021-2027