Resumo Executivo
Impulsando a competitividade
En novembro de 2019 aprobouse a Estratexia integral de optimización loxística de Galicia, elaborada pola Xunta de Galicia a través do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), en colaboración con diferentes axentes públicos e privados, e enmarcada na Axenda 4.0m co principal obxectivo de impulsar as empresas galegas de distribución e subministración e un sector que representa o 4 % do PIB galego e preto de 50 000 empregos.
A través desta estratexia loxística, levouse a cabo unha análise das tendencias globais na Función Loxística, abordando correntes como a automatización e robotización, o comercio electrónico, o Big Data ou a loxística colaborativa.
Tamén estudouse a realidade da función loxística de Galicia, dende o sector público a privado, atendendo a xestores de infraestruturas e operadores loxísticos.
Por último, tras unha labor de Benchmarking e aprendizaxe de outras iniciativas, redactouse unha estratexia e un plan de acción cos que abordar a competitividade da loxística galega e non perder o tren da nova xeración loxística.