Onte reunímonos cunha boa representación de docentes de Formación Profesional das áreas relacionadas coa función loxística, e con Alfonso Orro, da Universidade da Coruña.
Un encontro práctico, co que se buscaba unir esforzos, valorar a realidade da que partimos, tanto educativa como empresarial, e xerar sinerxias para seguir traballando na mellora da función loxística de Galicia.
Xoán Martínez, presidente do Clúster e CEO de Kaleido, compartiu os retos que dende o punto de vista empresarial se atopan con respecto á formación e xestión do talento. A representación de docentes valorou moi positivamente poder achegarse a este tipo de cuestións e estreitar a comunicación co mundo empresarial. Un paso fundamental para adaptar a formación o máximo posible á realidade laboral que o alumnado se atopará unha vez remate a súa formación.
Iago Domínguez, xerente do Clúster, agradeceu contar con docentes tan participativos/as, con tantas propostas e con esa inquietude por ofrecer a mellor formación posible ao seu alumnado.
Dende o Clúster tomamos boa nota de todo o falado e seguimos avanzando.
Grazas pola participación neste primeiro encontro (que esperamos sexa o primeiro de moitos!) e a motivación polo traballo conxunto.
Para todos aqueles docentes de Formación Profesional en Galicia, nas áreas relacionadaa coa función loxística, que queiran formar parte desta Rede de docentes (recibir información sobre as reunións, encontros, formacións, etc.), facilítase este enlace de inscrición: https://forms.gle/gDLvg3VrR5wHEB2M6