Análise e melloras na dixitalización e automatización

nas cadeas loxísticas de Galicia

O Cluster da Función Loxística de Galicia ten entre os seus obxectivos favorecer o desenvolvemento de solucións tecnolóxicas no sector loxístico galego. É por iso que levamos a impulsar o proxecto DIXILOG que ten como obxectivo analizar e mellorar a dixitalización e automatización nas cadeas loxísticas relevantes para Galicia, co fin de promover un proxecto.

Ao longo de 2021, DIXILOG centrarase nas cadeas loxísticas de tres sectores tractores de Galicia: agroalimentario, mar-industria e madeira, a partir dos cales levaranse a cabo diferentes traballos orientados a mapear os procesos, identificar o seu grao de dixitalización actual e analizar o seu potencial de mellora para facilitar e acelerar a transformación dixital de ditas cadeas.

Etapas do proxecto DIXILOG
0101

Lanzamento do proxecto

0202

Análise das cadeas loxísticas

0303

Definición e impulso dun proxecto de transformación dixital colaborativo

  • Captación das empresas das cadeas de valor agroalimentaria, mar e madeira
  • Creación dun panel de empresas ou grupo de traballo
  • Análise de proxectos de dixitalización en cadeas similares
  • Mapeo procesual detallado do funcionamento loxístico das cadeas de valor agroalimentaria, mar e madeira: identificando e describindo cada un dos procesos, o seu grao de dixitalización actual e a súa capacidade de dixitalización.
  • Identificación dos ámbitos, procesos ou secuencias nos que a dixitalización/automatización sería viable, estimando os desenvolvementos e o investimento necesarios para levala a cabo.
  • Definición dun proxecto colaborativo orientado a facilitar e acelerar a transformación dixital das cadeas de valor (incorporando empresas loxísticas, TIC, empresas dos sectores analizados), definindo un plan de acción conxunto e identificando financiamento para levar á práctica o proxecto de innovación dixital.

Consigue un mapa procesual de funcionamiento logístico

SE ERES UNHA EMPRESA DO SECTOR AGROALIMENTARIO, MAR OU MADEIRA e queres participar en DIXILOG solicita máis información completando os campos indicados máis abaixo. Os datos que facilites non serán tratados nin difundidos de xeito individual, senón agregados co conxunto da información recabada. Coas empresas colaboradoras de DIXILOG compartirase a análise da situación realizada cun MAPA PROCESUAL do funcionamento loxístico da súa entidade, como output do seu compromiso e participación.

Cuestionario de participación/Información

Solicita máis información completando os seguintes campos:

Selecciona sector:

O/a interesado/a presta o seu consentimento para o tratamento dos seus datos de carácter persoal, de acordo coa información facilitada e as condicións expostas na Política de Protección de Datos. 

De acordo coa normativa vixente en materia de protección de datos, Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016 ( RGPD- GDPR) e da Lei Orgánica 3/2018 do 5 de decembro, de Protección de Datos e Garantía de Dereitos Dixitais ( LOPDGDD), informamos de que os seus datos serán incorporados a un ficheiro automatizado do que é responsable o Clúster da Función Loxística de Galicia. Poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición deles presencialmente, mediante comunicación escrita dirixida á sede do Clúster situada en: Avenida da Marina, 15, 36600, Vilagarcía de Arousa, ou ben mediante correo electrónico.
Co apoio de
Colaboran