O Clúster inicia contactos coa cidade olívica para conciliar a mobilidade das mercadorías coa das persoas

Vigo, 11 de marzo de 2024. O xerente do Clúster, Iago Domínguez, reuniuse co Alcalde de Vigo, Abel Caballero, e coa concelleira de Urbanismo do municipio, María José Caride. O encontro serviu para abrir unha liña de traballo conxunto coa cidade olívica que permita conciliar a mobilidade das mercadorías coa das persoas. “Debemos buscar solucións de maneira conxunta ante o aumento da demanda nas contornas urbanas”, explicou o xerente do Clúster da función loxística.

A entidade traballa para coñecer ccal pode ser a problemática desde o punto de vista dos horarios de entrega ou das ordenanzas. Neste contexto, o Clúster comprométese a buscar solucións de mobilidade e ofrece o seu apoio as iniciativas, de carácter público ou privado, que contribúan a fomentar unha repartición de mercadorías máis sostible nas cidades.