O Clúster aposta pola formación, a enerxía verde e o solo industrial para atraer novas empresas a Galicia

O presidente, Xoán Martínez, destaca que “Galicia debe asegurar que dispón de persoal cualificado, é un dos criterios diferenciadores para asentarse nun territorio”

O Clúster celebrou a súa III xornada de loxística internacional en A Coruña

 

A Coruña, 1 de decembro de 2023. O Clúster da Función Loxística de Galicia celebrou a súa III xornada de loxística internacional, na que analizou a situación actual do sector a nivel mundial; un contexto cambiante e no que o presidente da entidade, Xoán Martínez, referiuse ao “desenvolvemento das enerxías verdes e ao soño industrial, desenvolvido, onde é demandado e a prezo competitivo, como factores clave para que Galicia avance e atraia novas iniciativas empresariais”.

A formación é outra das palancas polas que aposta o Clúster da Función Loxística: “Europa necesita, máis que nunca, profesionais cualificados. É un dos criterios diferenciadores para que as empresas decidan asentarse nun territorio”, Xoán Martínez engadiu que “Galicia ten que asegurar que existe esa man de obra cualificada e por iso desde o Clúster fomentamos o impulso da formación”.

Doutra banda, o presidente do Clúster destacou que a entidade busca seguir reforzando a colaboración para “traballar máis e mellor entre cargadores, operadores e por suposto, tamén debemos ir da man da Administración”.

A aposta da loxística pola innovación

O Clúster da Función Loxística centra parte do seu traballo no desenvolvemento da innovación do sector. Neste sentido, durante a xornada presentouse a iniciativa Tracefact II, un proxecto do Clúster que busca lograr a mellora dos centros loxísticos.

Concretamente, desde a entidade trabállase para optimizar a coordinación nas terminais portuarias, automatizar as tarefas e mellorar a eficiencia operativa. Outra das pílulas innovadoras que se presentou en A Coruña é un proxecto para medir o impacto da distribución das mercancías nas áreas urbanas. Ambos proxectos son posibles grazas ao apoio do Ministerio de Industria a través da convocatoria de Agrupacións Empresariais Innovadoras 2023.

A III xornada de loxística internacional contou tamén coa presenza do director do Área de Competitividade do Igape. Norberto Penedo destacou que “o apoio que temos que dar desde a Xunta ao sector loxístico é indubidable”.

Pola súa parte, a CEO de TuComex, Cristina Peña, subliñou que “ser internacionais é sempre imaxe de marca, estar fóra vai facer que vexan á nosa empresa como un líder. En canto vendes fóra, aquí consigues vender moito máis”.