O Clúster analiza co alcalde de Ferrol a distribución de mercadorías na cidade

Ferrol, 13 de marzo de 2024. O xerente do Clúster, Iago Domínguez, reuniuse co alcalde de Ferrol,  José Manuel Rey Varela.

O encontro serviu para trasladarlle ao rexedor que a entidade é unha asociación empresarial rexional sen ánimo de lucro, que ten máis de 50 socios de todos os axentes implicados na cadea loxística (transportistas, consultores, fabricantes, autoridades portuarias…).

Por outra parte, a xuntanza serviu para analizar o modelo de distribución urbana de mercadorías. Neste sentido, reflexionouse sobre a necesidade de apostar por unha mobilidade axeitada para empresas e veciñanza.