Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

II xornada galega de loxística internacional

3 Novembro, 2022 @ 16:30 - 19:00

O próximo 3 de novembro, o Clúster da Función Loxística de Galicia, celebrará na Coruña a II Xornada Galega de Loxística Internacional.
O encontro, estruturado en dous bloques, fará revisión da man de expertos da situación xeopolítica mundial afondando no aspecto económico e, por suposto, na loxística e transporte internacional. Ademais, presentaranse as principais conclusións ao respecto do relevancia real da función loxística na economía de Galicia, en termos de emprego, valor engadido e competitividade.
Este evento reunirá a autoridades públicas, empresarios, investigadores e persoal técnico e afondará nos aspectos clave da internacionalización e das tendencias globais que xeran retos e oportunidades comerciais. Así mesmo, a xornada permitirá formar e fortalecer relacións empresariais e persoais a través dun coctel.

Datos de interese:

  • Lugar:  Hotel Attica 21. R/ Enrique Mariñas Romero, 34, 15009. A Coruña
  • Horario: 16.30 – 19.00 horas
  • Parking gratuíto no hotel.
  • Inscrición gratuíta. Aforo limitado, prazas asignadas por orde de inscrición.

CONSULTA O PROGRAMA.

Reserva a túa praza AQUÍ.

Detalles

Data:
3 Novembro, 2022
Hora:
16:30 - 19:00