O Clúster da Función Loxística participará no webinar organizado polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) onde se analizarán os retos loxísticos e as oportunidades de negocio vinculadas á entrada en vigor do Bréxit no Reino Unido.
O evento celebrarase o vindeiro martes 23 de febreiro ás 16:00 horas e contará coa participación do director xeral do IGAPE, Fernando Guldrís, a subdirectora xeral da xestión aduaneira do Departamento de Aduanas e II.EE., María González, o xerente do Clúster, Iago Domínguez, o director de Packium Data, Ramón Tubío, a responsable de fletamentos en FINSA, asociada ao Clúster, Maica Viaño, e Manuel Castiñeira, director at Finsahome Ltd.
No seminario abordaranse cambios no sistema aduaneiro, informes sobre fluxos loxísticos entre Galicia e Reino Unido e experiencias reais de xeración de negocio nas illas británicas.
A asistencia é gratuíta a través de previa inscrición.