Estatutos

Como parte do proceso de constitución do Clúster da Función Loxística de Galicia, e en cumprimento co Decreto 336/1996, do 13 de setembro, da Xunta de Galicia, sobre asunción de funcións e servizos pola Comunidade Autónoma de Galicia en materia de asociacións, e o Decreto 276/1997, do 25 de setembro, polo que se crea o Rexistro Central de Asociacións e se regula a organización e o funcionamento dos rexistros de asociacións da Comunidade Autónoma de Galicia, levouse a cabo a redación e rexistro dos estatutos no Rexistro Central de Asociacións da Comunidade Autónoma de Galicia.