Invitación para presentar ofertas para o desenvolvemento de determinadas actividades relativas ao apoio á internacionalización do Cluster (PECHADA)

Para a execución de determinadas actividades deseñadas no marco da axuda Galicia Exporta Organismos Intermedios, concedida ao Cluster polo IGAPE cunha cofinanciación do 80% cos Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER), se considera necesaria a contratación de servizos externos especializados a través dos seguintes lotes:

  • Lote 1: Elaboración de material de promoción a nivel internacional do Clúster
  • Lote 2: Deseño, organización e execución integral dunha misión inversa dirixida ao mercado da área NAFTA: Canadá, Estados Unidos e México
  • Lote 3: Deseño, organización e execución integral dunha misión inversa dirixida ao mercado afectado polo Brexit: Reino Unido e Irlanda
  • Lote 4: Deseño, organización e execución integral dunha misión inversa dirixida ao mercado da área de África: Marrocos, Mauritania e Angola
  • Lote 5: Deseño e subministración de mobiliario portátil para a súa instalación en stands.

Prezo máximo dispoñible:

  • Lote 1: 15 000 euros (IVE engadido)
  • Lote 2: 14 000 euros (IVE engadido)
  • Lote 3: 14 000 euros (IVE engadido)
  • Lote 4: 14 000 euros (IVE engadido)
  • Lote 5: 4 000 euros (IVE engadido)

Data límite de presentación de ofertas: venres 7 de maio de 2021 ás 15:00 horas.