Invitación para presentar oferta para o deseño dun proxecto tractor da Función Loxística de Galicia no campo da dixitalización (PECHADA)

Dende o Clúster da Función Loxística de Galicia, e como unha das liñas de traballo surxidas dos grupos de traballo, considerouse necesario o deseño dun proxecto tractor para o fomento de proxectos colaborativos para empresas relevantes da función loxística de Galicia.

O contrato ten por obxecto o deseño dun sistema automático de articulación de cargas compartidas e implementación dun sistema de seguimento, trazabilidade e predictibilidade.

Prezo máximo dispoñible: 15 000 euros (IVE incluído).

Data límite de presentación de ofertas: venres 7 de maio de 2021 ás 15:00 horas.