Invitación para presentar oferta para o asesoramento no desenvolvemento dun sistema dinámico de información propio de fluxos loxísticos relevantes (PECHADA)

O Clúster da Función Loxística de Galicia invita a presentar oferta para o desenvolvemento dun sistema dinámico de información propio de fluxos loxísticos relevantes. O Clúster considera importante avanzar no desenvolvemento e incorporación de novas funcionalidades complementarias á ferramenta LDP (Logistic Data Platform), creada no seo do Clúster no ano 2020 e que neste ano se espera consolidar a través das seguintes fases:

  • FASE 1: Valorización a través da xeración de oportunidades de negocio e atracción de tráficos
  • FASE 2: Informe xeral de carácter trimestral que mostre a evolución de tráficos e tendencias
  • FASE 3: Enriquecer con novas fontes de información a ferramenta LDP incorporando novas capas.

Prezo máximo dispoñible: 25 000 euros (IVE incluído).

Data límite de presentación de ofertas: venres 7 de maio de 2021 ás 15:00 horas.