Invitación para presentar oferta de asistencia técnica para o desenvolvemento dun conxunto de actividades que permitan identificar melloras nas cadeas loxísticas galegas (PECHADA)

O Clúster da Función Loxística de Galicia ten entre os seus obxectivos favorecer o desenvolvemento de solucións tecnolóxicas no sector loxístico galego. Para iso, se está a traballar en determinar a situación actual da dixitalización nas cadeas loxísticas relevantes para Galicia co obxectivo de impulsar melloras nela.

Para avanzar neses traballos, o Clúster ve necesaria a contratación dun servizo de asistencia técnica para a elaboración dun informe que permita identificar melloras nas cadeas loxísticas galegas, analizando a súa situación actual e valorando as potencialidades de dixitalización e automatización nas mesmas.

Prezo máximo dispoñible: 35 000 euros (IVE incluído).

Data límite de presentación de ofertas: venres 7 de maio de 2021 ás 15:00 horas.