Invitación para presentar oferta de asistencia técnica especializada ao Clúster da Función Loxística de Galicia | PECHADA

O Clúster da Función Loxística de Galicia invita a presentar oferta para prestar asistencia técnica especializada á asociación. O Clúster considera necesario contratar os servizos dunha asistencia técnica especializada que permita realizar dentro do calendario establecido no convenio co Igape determinadas actividades de asistencia e secretaría técnica durante os anos 2020 e 2021.

Prezo máximo dispoñible: 48.400 euros (IVE incluído).

Data límite de presentación de ofertas: venres 29 de maio de 2020 ás 15:00 horas.