O Clúster da Función Loxística de Galicia considera necesario contratar os servizos dunha asistencia técnica externa especializada. Búscase que realice, dentro do calendario establecido no convenio de colaboración con IGAPE, determinadas actividades de asistencia e secretaría técnica.
En sentido amplo, a asistencia técnica ten como cometido fundamental proporcionar soporte e asesoramento aos órganos de dirección e xestión do Clúster. Con iso, contribuirá á consecución dos obxectivos fundacionais e á execución do convenio asinado con IGAPE.
Prezo máximo dispoñible: 30 250 €.
Data límite de presentación de ofertas: mércores 13 de abril de 2021 ás 15:00 horas.
12/4/22 Aclaración sobre o cálculo de puntuación económica
O cálculo de Be realiza empregando a desviación típica, tal e como está expresado na fórmula, e non a varianza, que é o que indica o texto. Polo tanto, o cálculo de Be queda como segue:
Be é o valor menor entre:
- A baixa da oferta económica máis vantaxosa para o Cluster
- Respecto das baixas recibidas, a media máis a desviación típica entre dúas.
É dicir: Min(Baixa máxima; Baixa media + σ/2)
Isto ten implicacións tamén para o cálculo de Bi xa que, tal e como se indica:
- Se Bi<Be: tómase o valor da baixa da oferta económica a valorar
- Se Bi > Be, tomarase como valor Be