Colaboración pública: O Igape como entidade impulsora

Nacemos da colaboración

O Clúster da Función Loxística de Galicia nace a raíz da semente da Estratexia integral de optimización loxística de Galicia, unha iniciativa promovida pola Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

A estratexia foi o resultado dun proceso de análise de documentación, reflexión e diálogo cos principais axentes, tanto públicos como privados, nos que se tentou definir unha estratexia realizable, compartida e aceptada, para a optimización loxística de Galicia.

A raíz do diálogo entre axentes públicos e privados, naceu a iniciativado Clúster da Función Loxística para a Comunidade Autónoma de Galicia. Iniciativa apoiada polo IGAPE a través de financiamento e apoio operativo para ver a luz como o principal instrumento ao servizo do sector loxístico para o cumprimento da estratexia integral.

Coñece máis da estratexia!

visita a nosa sección “Estratexia loxística”