LEI DE SIMPLIFICACIÓN ADMINISTRATIVA E REACTIVACIÓN ECONÓMICA DE GALICIA
CUESTIONARIO A SOCIOS
en resposta á invitación da Xunta de Galicia a ofrecer valoración e suxestións
Dende a Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, remitiuse unha carta ao Clúster da Función Loxística de Galicia, informando da aprobación da toma en consideración do proxecto de Lei de Reactivación Económica de Galicia, para comezar debate parlamentario e aprobación no primeiro trimestre de 2021. Dita información acompañouse dunha solicitude de aportación de valoracións e posibles melloras ao borrador, que se facilita a continuación.
Tomando a palabra, o Clúster procede a compartir cos seus socios o texto íntegro e abrir un periodo de recepción de aportacións, que serán tratadas de xeito confidencial de acordo co compromiso ao respecto do Clúster. De modo que en ningún caso serán difundidas as aportacións de xeito individualizado, senon que serán empregadas a nivel interno para a elaboración dun documento único agregado que agrupe os intereses de todos os asociados. Todo o proceso está xestionado directamente pola xerencia.
O prazo para presentación de aportacións ao borrador se extende ata o sábado 30 de xaneiro ás 23:59 horas.
Dentro do prazo, os socios poderán presentar tantas aportacións como estimen oportunas.
ACCESO Á DOCUMENTACIÓN
Cuestionario