Moito máis que transporte de mercadorías
A función loxística supón unha das actividades máis transversais da economía moderna basada no movemento.
É un pilar da globalización e un xerador de riqueza nos PIBs de países de todo o mundo.
A función loxística é un concepto de actividade máis amplo que a loxística tradicionalmente aceptada, englobando non só a actividade principal de empresas do sector loxístico, senón tamén a actividade de todas aquelas compañías en que a loxística supoña un factor fundamental na súa actividade, ben sexa polos custos que supoñen sobre o produto ou servizo, ou pola vantaxe que estas poden obter da súa optimización. A función loxística, por tanto, supón un pilar fundamental para o tecido produtivo da comunidade galega.
O Clúster da Función Loxística de Galicia acolle a toda aquela entidade que vexa na función loxística unha oportunidade de optimizar a súa actividade e a do seu entorno.
Por tanto, a función loxística acolle as seguintes actividades empresariais:
A función loxística entende tanto de fluxos materiais como de información, de movementos de entrada como de saída, e tamén movementos dentro da propia organización. Trátase dun dos principais xeradores de vantaxes competitivas na sociedade globalizada de hoxe en día.