A Primavera Innovadora 2025: unha axenda repleta de citas para impulsar a innovación e a loxística

Dende o Clúster da función loxística de Galicia presentamos a nosa programación para a primavera de 2025, unha estación marcada pola colaboración, a internacionalización e o impulso á transformación dixital. Baixo o paraugas da Primavera Innovadora, socios e profesionais do sector están convidados a participar nunha ampla variedade de eventos de alto impacto.

Eventos destacados en Galicia (inscrición gratuita)*:

  • 7 de maio, Nigrán (Pontevedra): Obradoiro “Impulso colaborativo da dixitalización na intraloxística nos sectores tractores de Galicia”. Un encontro matinal (de 9:30 a 14:30h) que rematará cun cóctel para fomentar o networking. + información aquí
  • 28 de maio, Santiago de Compostela: Obradoiro “Impulso colaborativo do transporte sostible dos sectores tractores de Galicia”, tamén de 9:30 a 14:30h con cóctel incluído. + información aquí

*Proxectos financiados a través das axudas aos Obradoiros multidisciplinares de dixitalización, sustentabilidadade e loxística avanzada do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE).

Presenza internacional do Clúster:

  • 9-10 de abril, Porto (Portugal): Participación no Empack y Logistics & Automation Porto cun stand propio e organización dun evento o 10 de abril sobre solucións dixitais para o transporte.
  • 2-5 de xuño, Múnich (Alemaña): Stand propio na feira internacional Transport Logistic. O 4 de xuño celebrarase un encontro de galegos ás 11:30h.
  • 18-20 de xuño, Barcelona: Participación na Feira SIL BCN 2025, con evento organizado polo Clúster o 19 de xuño ás 12:00h.

Impulso ao ecosistema startup:

  • 7-9 de maio, Vigo: O Clúster colabora co The Way Startup Summit, un evento de referencia para as startups a nivel estatal.

Outras iniciativas:

  • Durante maio e xuño: Xornadas de internacionalización das PEMES galegas a través da loxística marítima nos portos do sur de Galicia.
  • 27 de maio: Participación no Tech4Fleet Congress & Expo, cun código de invitación exclusivo para socios e socias do Clúster.

Con esta programación, dende o Clúster reafirmamos o noso compromiso co desenvolvemento sustentable, a dixitalización e a proxección internacional do tecido empresarial galego.