
13 Nov O Clúster da Función Loxística reivindica o impulso do ferrocarril para o transporte de mercadorías
O presidente da entidades, Xoán Martínez, resaltou que “os territorios que carezan dun ferrocarril competitivo non estarán en disposición de competir”
A Xunta reivindica aumentar a capacidade loxística de Galicia e que a nosa comunicade sexa a porta de entrada entre América e Europa
Santiago de Compostela (A Coruña), 10 de novembro de 2023. “Queremos ter unha loxística competitiviva e, para poder logralo, o ferrocarril é imprescindible”; é o que destacou o presidente do Clúster da Función Loxística de Galicia, Xoán Martínez, na xornada na que o sector analizou as oportunidades do transporte ferroviario na comunidade galega. A cita, que se enmarca no Outono Loxístico 2023 da entidade, puxo encima da mesa a importancia de traballar da man das asociacións e da Administración para impulsar o transporte de mercaderías.
Neste sentido, o presidente do Clúster apuntou que “os territorios que carezan dun ferrrocarril competitivo non estarán en disposición de competir, e en Galicia levamos xa un tempo traballando para conseguir que esto sexa unha realidade”, por elo, Xoán Martínez defende “a obligación que temos dende o Clúster da Función Loxística para que o ferrocarril xogue un papel determinante nun futuro inmediato”.
Xoán Martínez fixo fincapé na idea de que “en Galicia hai coñecemento, demanda e capacidade de inversión para facer do ferrocarril algo real; para esto, é importante dispoñer de novos estudos e, a partir deles, poder lanzar as primeiras iniciativas necesarias”.
Galicia, a porta de entrada entre América e Europa
A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, puxo en valor a importancia do sector, xa que “aumentar a capacidade loxística de Galicia vai permitir aumentar a capacidad dos nosos portos”.
Ademáis, Ethel Vázquez afirmou que “aspiramos a ser algo máis que orixe e destino, Galicia ten que ser a porta entre América e Europa e para esto, é imprescindible a planificación do Corredor Atántico”.
Aglutinar cargas para que o transporte sexa competitivo
Dende a Asociación de Empresas Ferroviarias Privadas, Juan Diego Pedrero, defendeu que, para dar o salto do transporte por carretera ao tren, é necesario aglutinar cargas para ofrecer garantías ás empresas sobre a competitividade do transporte por tren: “podemos facer centros de concentración de cargas para as mercancías, deste modo, imos poder asegurar a competitividade deste medio de transporte”.
Á xornada do Clúster da Función Loxística asistiu tamén o Presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Juan Manuel Vieites, e persoas expertas no ámbito do ferrocarril, entre elas, Miguel Pavón de Iniciativa Corredores.EU, Miguel Fañanás de Medway transporte y logística.