
24 Ago Cursos gratuitos para formarte nas profesións máis demandadas
Dende a Galicia Logistics Academy (iniciativa do Clúster da función loxística de Galicia) lánzase o programa formativo para os próximos meses.
O programa ten como obxectivo fundamental a formación continua de persoas traballadoras da función loxística de Galicia e a formación de novo talento que poida incorporarse ao sector.
Ponse á disposición das persoas interesadas unha oferta formativa centrada tanto na mellora da xestión e organización, como na adquisición de competencias para o uso de novas tecnoloxías que poñan en relevancia o texido empresarial galego.
Segundo o Informe Adecco “Perfiles más demandados en 2023”, en Galicia aparecen en primeiro lugar os perfís de carretilleros e conductores. Tendo en conta estos datos, dende a Galicia Logistics Academy apostan por mitigar esta demanda a través da formación presencial en:
Curso de “Manexo de carretillas e transpaletas”, que ofrece a posibilidade de realizarse en A Coruña, Santiago ou Porriño, con distintos horarios e datas para facilitar a súa realización por parte das persoas interesadas.
- Curso de “Axuda a obtención dos permisos de condución de vehículos pesados”, coa preparación dos exames necesarios para a condución de transporte pesado de mercadorías: CAP e teórico e práctico do permiso C e C+E.
Ademáis, tendo en conta outros perfís de alta demanda, apóstase pola teleformación e a formación en aulas virtuais para o desenvolvemento dos cursos de “Xestor/a de tráfico e planificador/a de rutas con capacidade de análise de custos” ou “Xestor/a de almacén básico”.
Unha opción moi interesante e recomendable se che interesa o traballo en almacéns, sería a formación en “Manexo de carretillas e transpaletas” + “Xestor/a de almacén básico”. Cos dous cursos contarías cunha formación completa e integral para este ámbito.
En formación internacional podes formarte e especializarte en aduanas cos cursos de “Introdución á xestión aduaneira” ou “Técnico/a especialista en operador loxístico de aduanas” na modalidade de aula virtual. Ou participar na “Xornada de negociación para o Comercio Internacional” presencialmente en Santiago de Compostela o 8 de novembro.
Tamén mediante aula virtual, proponse a formación en “Xestor/a de carga aérea” e “Seguros no transporte marítimo”. O curso de “Transporte ferroviario” terá un formato híbrido con 18 horas en aula virtual e 2 días de sesións presenciais en Barcelona o 7 e 8 de novembro.
Podes consultar toda a información dos diferentes cursos en: https://clusterfuncionloxistica.org/academy/
A inscrición aos cursos pódese realizar a través do formulario: https://forms.gle/
Galicia Logistics Academy é unha acción do Clúster da Función Loxística de Galicia apoiada pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e o IGAPE.