
06 Set As oportunidades do sector loxístico, a debate no ciclo de conferencias do Clúster da Función Loxística
6 de setembro de 2022
As oportunidades do sector loxístico, a debate no ciclo de conferencias do Clúster da Función Loxística
A distribución urbana de mercadorías centra a primeira das xornadas, que se celebra en Santiago de Compostela o xoves, 22 de setembro
As oportunidades da loxística do frío en Galicia, as tendencias do transporte ferroviario e a loxística internacional son as outras 3 citas previstas para este outono
Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), 6 de setembro de 2022. O Clúster da Función Loxística de Galicia traballa para ofrecer novas oportunidades ás empresas do sector. Neste sentido, a entidade, coa colaboración da Xunta de Galicia, prepara un ciclo de conferencias para abordar as oportunidades e os retos do sector. A primeira cita do Outono Loxístico 2022 é o xoves, 22 de setembro, en Santiago de Compostela. Ese día os expertos abordarán cuestións relacionadas coa mellora da distribución de mercadorías nas cidades. Un dos temas que se aboradrá son os novos hábitos de consumo, derivados do comercio electrónico, que supuxeron un crecemento da actividade da repartición de mercadorías.
Por outra banda, as oportunidades que ofrece a loxística do frío é outra das temáticas que se tratarán no Outono Loxístico 2022. Neste caso, a cita é o mércores, 5 de outubro, en Vigo.
O terceiro evento progamado polo Clúster da Función Loxística de Galicia centrarase nas tendencias do transporte ferroviario na comunidade galega; un aspecto do que se falará en Santiago de Compostela o mércores, 19 de outubro.
Ademais, a entidade traballa no programa da segunda xornada a Loxística internacional. Neste caso, a cita é o xoves, 3 de novembro, na Coruña e permitirá profundar no impacto que a función loxística ten na economía, tamén se realizará un diagnóstico das cadeas globais.
Os próximos días, ofreceranse máis detalles do programa de cada un dos eventos do Outono Loxístico 2022.