Transportes Valín

O Clúster suma a Transportes Valín e Hijos como novo socio

15 de febreiro 2022

O Clúster suma a Transportes Valín e Hijos como novo socio

O Clúster da función loxística de Galicia anuncia a adhesión de Transportes Valín e Hijos, S.A. á asociación. Pendiente de formalización en Xunta Directiva, Transportes Valín se suma ás actividades do clúster, aportando a súa experiencia e dinamismo.

Con Transportes Valín, o Clúster suma a unha empresa con máis de 50 anos de experiencia en transportes a temperatura controlada, transporte de subprodutos, transporte de aves vivas e case 20.000 metros cadrados de infraestruturas entre as súas sedes en Santiago de Compostela, Barcelona e Valencia.

Con máis de medio centenar de vehículos propios, que operan en mercados como Francia, Bélxica e Países Baixos. Transportes Valín chega para aportar a súa experiencia para o posicionamento da marca Galicia Logistics no plano internacional.

Dende o Clúster dáselle a benvida á empresa e agradécese a vontade de sumar e unir esforzos en pos da competitividade galega en loxística, fundamental para a economía industrial da rexión.

Web da empresa