
15 Feb Os grupos de traballo do Cluster xa están en pleno funcionamento
Posted at 09:00h
in Uncategorized @gl
marzo 2022
Os grupos de traballo do Cluster xa están en pleno funcionamento
Trala asemblea celebrada en Xaneiro, xa tivemos varias reunións dos grupos de traballo avanzando nos obxectivos programados:
- GT1 de distribución urbana de mercadorías: Celebramos unha interesantísima reunión presencial na que revisamos a situación actual e decidimos abrir liña directa de diálogo cos concellos das grandes cidades de Galicia. A día de hoxe xa celebramos un encontro co Concello da Coruña e temos aberta unha liña de traballo e nos vindeiros días nos recibirán os Concelleiros responsables de transporte de Vigo e Pontevedra. Despois continuaremos reuníndonos co resto e a Fegamp.
- GT2 de información relevante e posicionamento en cadeas globais. Xa mantivo un encontro no que profundizamos ao respecto do estudo de viabilidade da conectividade directa entre América e Galicia así como a carga ferroviaria entre Galicia e Madrid. Nel marcamos a última fase do estudo de xeito que sexa un documento útil para tentar a mellora da conectividade por contendor de Gallicia.
- GT3 de posicionamento estratéxico. Aínda non mantivo encontros como grupo de traballo aínda que dende o equipo do Cluster estanse recollendo diferentes opinións relevantes acerca do enfoque para este ano. A axuda que financia estas accións é de convocatoria inminente. Se tes algunha proposta ou interese concreto non dubides en comentárnolo.
- GT4 de infraestruturas loxísticas: Segue aberta a posibilidade de que te sumes á mesa de traballo de promoción de servizos ferroviarios de mercadorías e, ao mesmo temo, seguimos traballando no seguimento dos temas que inciden directamente no transporte por estrada e colaborando cos actores que mostran interese en serimpulsores dos espazos de servizos ao transporte por estrada.
- GT5 de solo loxístico e atracción de investimentos. Tivemos a reunión de peche da análise de fortalezas e recomendacións de accións realizado por CBRe e estamos á espera da recepción do documento final.
- GT6 de Dixitalización e Loxística 4.0. Celebramos os paneis de debate das cadeas de valor agroalimentaria, mar-industria e forestal-madeira e tivemosa reunión de peche do proxecto tendo programado xa un novo encontro para enfocar os novos obxectivos.
Non esquezas que tódolos grupos de traballo están abertos para tódolos socios e que te podes incorporar aos que che resulten de interese e que estaremos encantados de compartir contigo o que desexes.