
21 Xan O Clúster anuncia os novos socios e aproba o seu decálogo de boas prácticas en asemblea xeral
21 de xaneiro 2022
O Clúster anuncia os novos socios e aproba o seu decálogo de boas prácticas en asemblea xeral
No día de onte, xoves 20 de xaneiro, tivo lugar a asemblea xeral ordinaria do Clúster da función loxística de Galicia. O acto, celebrado en Santiago de Compostela e coa súa extensión dixital para socios sen posibilidade de desprazamento, supuxo o primeiro encontro para os recentes socios adheridos á asociación:
- Ence Energía y Celulosa
- QUEPIDOHOY (Deelivers)
- Transportes Auto Radio
- Maviva
- Grupo Nogar
- Galicia Almacén Logístico – Levo logística social sostenible
Estas empresas foron anunciadas de recibidas de xeito oficial en asemblea, así como participaron en plena calidade de socios.
Tamén foi de especial relevancia o encontro pola aprobación do Decálogo de Boas Prácticas, no que se desenvolveron as normas consideradas polo Clúster como fundamentais para un correcto exercicio da súa actividade e as dos seus socios, destacando prácticas como o desenvolvemento do talento, a colaboración público-privada no interese común ou o apoio á capacidade innovadora, entre outras.
A asemblea supuxo o punto de partida para validar obxectivos e plan de traballo para o presente ano, que se presenta cheo de retos e perspectivas para o Clúster e o sistema loxístico galego en xeral.