O Programa CoLogistics leva a cabo un ciclo de webinars centrado en optimizar a loxística de empresas galegas e norte de Portugal

18 de xaneiro 2022

O Programa CoLogistics leva a cabo un ciclo de webinars centrado en optimizar a loxística de empresas galegas e norte de Portugal

  • Nos webinars presentaranse as convocatorias Support Logistics e Smart Logistics, con prazo de solicitudes aberto ata o 31 de xanerio.
  • CoLogistics é un proxecto impulsado con cargo a fondos europeos e onde participa a Autoridade Portuaria de Vigo, entidade socia do Clúster.

Ata onde vai chegar a túa empresa en 2022? Con esta pregunta arrancou o webinar impulsado polo Programa CoLogistics Support & Smart o pasado mércores, 12 de xaneiro. Porén, tan só foi o primeiro dun ciclo de tres webinars que continuarán mañá 19 de xaneiro ás 10 horas.

O obxecto dos webinars é o de dar a coñecer as convocatorias Logistic Support e Smart Logistic, con prazo de convocatoria ata o 31 de xaneiro:

  1. Support Logistics: destinado á mellora da competitividade das empresas, planteado como un servizo de organización e mellora dos procesos loxísticos internos e derivar nun Plan de Mellora Continua.
  2. Smart Logistics: centrado en abordar os retos das empresas nos ámbitos da Industria 4.0 relacionados coa loxística e a optimización de cadeas de subministración, conexión entre distintos escalóns e novas tecnoloxías.

Os webinars a celebrar os días 19 e 26 de xaneiro comezarán ás 10:00 horas e terán unha duración de 1 hora, na cal participarán os tres socios do programa, entre os que se atopa a Autoridade Portuaria de Vigo, entidade socia do Clúster.

A asistencia ao webinar é aberta previa inscrición a través da ligazón facilitada a continuación.

Inscríbete gratis aquí