
14 Xan Galogística adhírese ao Clúster da función loxística de Galicia
14 de xaneiro 2022
Galogística adhírese ao Clúster da función loxística de Galicia
O Clúster da función loxística de Galicia comunica a adhesión de Galicia Almacén Logístico (Galogística), a través da súa sección de loxística de última milla sostenible , LEVO logística social sostenible.
Galogística é unha empresa de reciente creación pero con ampla experiencia no sector de servizos loxísticos e distribución. Caracterizada por ser centros especiais de emprego coa finalidade de exercer de centro integrador de persoas con discapacidade, á par da busca da excelencia no servizo prestado en loxística de almacenaxe e de última milla sostenible con vehículos 100% eléctricos.
Dende o Clúster se extende a benvida a Galogística e a súa área de loxística, LEVO logística social sostenible, á asociación, e se agradece a confianza posta no proxecto común do sistema loxístico galego, poñendo a súa experiencia e visión social para aportar un enfoque máis enriquecedor ao traballo do Clúster.