
17 Dec O Clúster da función loxística remata o ano en tono internacional coas misións online celebradas con América, Europa e África
17 de decembro 2021
O Clúster da función loxística remata o ano en tono internacional coas misións online celebradas con América, Europa e África
O Clúster da función loxística de Galicia remata o ano tras un último trimestre repleto de actividade de posicionamento internacional, tanto para a organización e o sistema loxístico galego en xeral, como dos seus socios participantes.
No marco da axuda Galicia Exporta Organismos Intermedios, cofinanciada con fondos FEDER da Unión Europea, levaronse a cabo tres misións internacionais con axentes de tres continentes diferentes:
- América: área do tratado comercial NAFTA (Estados Unidos, México e Canadá)
- Europa: coa rexión afectada polo Bréxit (Reino Unido e Irlanda)
- África: con axentes dos países de Marrocos e Angola
Nas mesmas puidose aproveitar para a posta en escena nun contexto internacional da nova marca Galicia Logistics, paraugas onde operar os axentes e industrias referentes do sistema loxístico galego, a fin de presentar unha estrutura consolidada e forte en territorios exteriores.
En medida de prevención da situación sanitaria existente a nivel mundial, as accións leváronse a cabo nun entorno dixital, supoñendo un punto de partida no establecemento de relacións cos axentes participantes, a desenvolver en futuras accións en destino e no territorio galego.
Desta forma, o Clúster da función loxística de Galicia comeza a súa intervención activa en esferas internacionais e posiciona a Galicia Logistics como a referencia a consolidar no vindeiro 2022, nun esforzo que virá conxunto de socios, clúster, sector público e entidades do sistema loxístico galego.