
26 Nov A empresa de loxística Deelivers adhírese ao Clúster da función loxística de Galicia
26 de novembro 2021
A empresa de loxística Deelivers adhírese ao Clúster da función loxística de Galicia
O Clúster da función loxística de Galicia anuncia a adhesión de QUEPIDOHOY S.L. (Deelivers) á asociación. Dita incorporación, xa formalizada en Xunta Directiva, permite a Deelivers integrarse na actividade do Clúster de xeito inmediato.
Deelivers é unha empresa tecnolóxica especializada en loxística de última milla, ofrecendo solucións profesionais en distribución urbana de mercadorías a empresas de ecommerce, hostalaría, puntos de venta e outras actividades relacionadas.
Con 1.350 repartidores propios presentes en 35 cidades, Deelivers executa máis de 5000 entregas diarias, todas elas xestionadas cunha API propia da compañía.
Dende o Clúster se extende a benvida e o agadecemento a Deelivers, que fortalecerá os grupos de traballo en última milla e aportará o seu dinamismo e espírito innovador á asociación.