
19 Nov O Grupo Nogar, un dos referentes na loxística portuaria e comercio marítimo, adhírese ao Clúster
19 de novembro 2021
O Grupo Nogar, un dos referentes na loxística portuaria e comercio marítimo, adhírese ao Clúster
O Clúster da Función Loxística de Galicia comunica a adhesión do Grupo NOGAR á asociación. Dita incorporación xa foi ratificada en Xunta Directiva e, por tanto, o grupo pasa a formar parte do Clúster en calidade de socio a todos os efectos.
O Grupo Nogar é unha das empresas referentes de Galicia na actividade marítimo-portuaria, con impacto a nivel nacional e internacional.
Con máis de 60 anos de experiencia o Grupo, con sede no porto de Marín, conta cunha consolidada presencia non só nas rías galegas, senón tamén no resto do mercado nacional e países como Portugal, Brasil e Perú, este último onde contan coa xestión do porto de Pisco por 30 anos.
Dende o Clúster se extende a benvida a Nogar e se agradece a confianza e vontade de sumar no proxecto conxunto de impulso da economía galega a través da optimización e posicionamento loxístico.