
05 Nov O Clúster da función loxística de Galicia intensifica relacións con axentes do Reino Unido e Irlanda por medio dunha misión online
05 de novembro 2021
O Clúster da función loxística de Galicia intensifica relacións con axentes do Reino Unido e Irlanda por medio dunha misión online
O Clúster da Función Loxística de Galicia celebra o vindeiro 9 de novembro un encontro virtual para inaugurar a súa misión co Reino Unido e Irlanda, o obxectivo é establecer relacións comerciais e acordos de colaboración entre empresas e autoridades portuarias galgas con axentes de interese no mercado británico e irlandés.
Neste evento, presentarase a proposta de valor do sistema loxístico galego como porta do Atlántico e un ecosistema competitivo e xeograficamente estratéxico, baixo o paraugas da recentemente presentada marca Galicia Logistics.
Dende o Clúster se considera unha grande oportunidade para mellorar as conexións marítimas e polo tanto o aumento de fluxos comerciais entre Galicia e Reino Unido e Irlanda.
Esta é a segunda dunha serie de accións de promoción internacional impulsadas dende o Clúster, tras a misión con axentes relevantes dos Estados Unidos, México e Canadá. Estas iniciativas se enmarcan na concesión ao Clúster dunha axuda do programa do Igape Galicia Exporta Organismos Intermedios. O obxectivo principal destas axudas é incentivar e estimular o comercio exterior galego e a internacionalización das pemes galegas. O resultado que se pretende é aumentar a base de empresas exportadoras e consolidar a presenza de empresas galegas nos mercados internacionais.