
20 Out O grupo Maviva adhírese ao Clúster da función loxística de Galicia
20 de outubro 2021
O grupo Maviva adhírese ao Clúster da función loxística de Galicia
O Clúster da función loxística de Galicia comunica oficialmente a adhesión do Grupo Maviva á asociación. Dita incorporación será formalizada na vindeira Xunta Directiva. Mentres, Maviva pasa a formar parte da actividade do Clúster.
Maviva é unha empresa especializada en servizos industriais a medida, con máis de 30 anos de experiencia na optimización da cadea de subministración no sector da automoción e o retail.
Con máis de 900 empregados e 13 centros de produción repartidos pola península Ibérica, 9 deles en Galicia, Maviva aportará experiencia, capacidade e posicionamento internacional ao Clúster.
Dende o Clúster se expresa a benvida e o agadecemento a Maviva pola confianza na organización, que ven a aumentar a representatividade no sistema loxístico galego e a elevar o nivel dos proxectos en curso.