autoradio

Autoradio súmase ao Clúster da Función Loxística de Galicia

5 de octubre 2021

Autoradio adhírese ao Clúster da Función Loxística de Galicia

O Clúster da Función Loxística de Galicia anuncia a adhesión de Transportes Autoradio, S.A. á asociación. A falta de formalización na vindeira Xunta Directiva, Autoradio se suma ás actividades do clúster, aportando a súa experiencia e dinamismo.

Con máis de 35 anos de historia, Autoradio conta con máis de 250 profesionais repartidos en 7 delegacións propias en Galicia e dispón gracias a seleccionados Partners, cobertura nacional e internacional.

A súa frota de transportes está integrada por máis de 150 vehículos de recollida e reparto, sendo testemuño da súa ampla experiencia na distribución urbana de mercadorías e de longo percorrido.

Tamén dispón dunha división loxística que lle permite ofrecer sistemas de almacenaxe adaptados os seus clientes con sistema propio de xestión, modernas instalacións, ademais de cámaras frigoríficas, depósitos fiscais e xestión a través de outsourcing á loxística de importantes clientes.

Dende o Clúster agradécese a implicación da compañía na misión conxunta, reforzando a representatividade na cadea de transporte por estrada e aportando valor engadido nas vías de traballo en última milla.