
28 Set Afiánzase a recuperación do comercio exterior galego
27 de setembro 2021
Afiánzase a recuperación do comercio exterior galego
- Galicia continua na senda da recuperación situándose en volumes previos á crise da covid-19;
- As provincias da Coruña e Pontevedra se sitúan nos primeiros postos en transaccións internacionais na nosa comunidade, aínda que son Lugo e Ourense as que rexistran maiores incrementos;
- Os intercambios comerciais coa Unión Europea seguen a aumentar;
- Logistic Data Platform, a ferramenta de información dinámica que desenvolveu o clúster, proporciona os últimos informes cos datos máis recentes sobre tráfico internacional de mercadorías.
O comercio exterior galego medrou un 23% nos sete primeiros meses do ano, pese a caer un 10.88% en xullo, con respecto ao mesmo mes do ano 2020, segundo os datos mensuais da LDP, a ferramenta de información dinámica que desenvolveu o clúster, e que proporciona os últimos informes cos datos máis recentes sobre tráfico internacional de mercadorías.
Entre xaneiro e xullo, as exportacións incrementáronse ata acadar os 13.077,4 millóns de euros, mentres que o valor das importacións subiu nun 23,93%, ata os 11.078 millóns de euros.
No mes de xullo, destaca o incremento acadado nas provincias de Ourense e Lugo, con taxas interanuais do 20%.
Polo contrario, nas provincias de Pontevedra e A Coruña diminuíron nun 21,28% e 0,20% respectivamente, en referencia ao mesmo mes do ano anterior.
Con respecto ás importacións, estas incrementaron nun 10,91%, repunte que se explica polo notable aumento das compras exteriores nas provincias da Coruña (52,34%) e Ourense (28,58%).
O comercio exterior galego continúa na senda da recuperación acadando volumes previos á crise da Covid-19 e posicionándose cun superávit comercial en xullo de 100,4 millóns de euros.
En cuanto a Castela e León, a comunidade estratéxica para a ampliación do hinterland do sector loxístico galego, as súas actividades de comercio exterior medraron nun 18,5%, con respecto ao ano 2020, situándose as súas exportacións entre xaneiro e xullo en 8.913 millóns de euros.
No referente ás importacións, estas ascenden a 5.824,15 millóns de euros. Castela e León se posiciona cun superávit comercial en xullo de 1.694,33 millóns de euros.
Por sectores, o automóbil e os tractores son os produtos que maior incidencia tiveron dentro das exportacións galegas en xullo, pese a que caeron un 37,48% con respecto ao mesmo mes do ano anterior. Séguenlle as prendas de vestir e os produtos da pesca.
O conxunto destes sectores supón un 43% do total das exportacións realizadas na nosa comunidade.
Con respecto ás importacións, os sectores que se sitúan nos primeiros postos son o automobilístico (aínda que caeu un 20,15% con respecto ao ano anterior). combustibles (cun aumento do 120%) e pesca (11,86%), respecto a xullo de 2020.
Estas tres actividades supoñen case o 50% do total das importacións galegas.
En Castela e León, os sectores á cabeza das súas exportacións son o automobilístico, as máquinas de aparellos mecánicos e os produtos farmacéuticos, os tres supoñen o 63% do total das exportacións.
En importación, o sector automoción ocupa o primeiro posto, ao que lle seguen a maquinaria e o material eléctrico, o que acada un 44% do total das súas importacións.
A UE segue posicionada como principal destino das exportacións en Galicia
A UE segue a ser o principal destino das exportacións, acadando un 67% sobre o total das transaccións internacionais da nosa comunidade. Francia se mantén á cabeza como principal socio comercial cun 20% do total, lle segue Portugal (15%), Italia (10%), Alemaña (6%) e Bélxica (2%).
Fora da UE, destacan como principais destinos Marrocos cun 6,2% sobre o total, Reino Unido (4,4%), Estados Unidos (2,2%) e Turquía (1,3%).
Francia tamén é o principal socio comercial de Castela e León, co 38,8% das súas exportacións, lle seguen Bélxica e Luxemburgo.
No caso das importacións, máis do 45% das compras galegas proveñen da UE. A maior parte se realizan con Francia (21% do total), Portugal (10,9%), Italia (4,5%) e Alemaña (3,7%). Fora de Europa xogan un papel destacado Estados Unidos (9,2%), China (5,4%), Marrocos (5,3%) e Turquía (3,7%).
En conclusión, o comercio exterior galego continúa na senda da recuperación nos sete primeiros meses de 2021, cuns datos moi positivos respecto ao mesmo período do ano anterior e recuperando volumes previos á crise da covid-19.