
08 Set Ence adhírese ao Clúster da Función Loxística de Galicia
8 de setembro 2021
Ence adhírese ao Clúster da Función Loxística de Galicia
O Clúster da Función Loxística de Galicia anuncia a adhesión de Ence-Energía y Celulosa á asociación. A falta de formalización en Xunta Directiva, Ence pasa a integrarse nas actividades do Clúster, aportando a súa experiencia e coñecementos para o crecemento común.
Con máis de 60 anos de historia, Ence é o líder europeo en produción de celulosa de eucalipto, exportando preto do 92% da súa produción de celulosa a Europa. Ademais, é a primeira empresa española en produción de enerxía renovable con biomasa agrícola e forestal que contribúe á mellora do medio ambiente.
Integrada por 1.150 empregados, Ence é líder en España na xestión integral e responsable de superficies e cultivos forestais, creando, mantendo e desenvolvendo as masas forestais baixo os criterios de sustentabilidade.
Dende o Clúster se celebra a adhesión da compañía, que reforza o carácter transversal e estratéxico da función loxística en todas as contornas produtivas da economía galega, ademais de mellorar o valor internacional do clúster.