
01 Set As exportacións galegas increméntanse un 30% o primeiro semestre de 2021 respecto ao mesmo período do ano anterior
1 de setembro 2021
As exportacións galegas increméntanse un 30% o primeiro semestre de 2021 respecto ao mesmo período do ano anterior
- A UE segue posicionada como principal destino do comercio exterior galego;
- O sector da automoción, líder indiscutible das transaccións internacionais da nosa comunidade;
- Logistic Data Platform, a ferramenta de información dinámica que desenvolveu o clúster, proporciona os últimos informes cos datos máis recentes sobre tráfico internacional de mercadorías.
Galicia se recupera moi favorablemente nas súas transaccións comerciais ao exterior durante os seis primeiros meses de 2021, con un incremento interanual do 30,9%, posicionándose no segundo posto como a comunidade con maior nivel de operacións de comercio exterior en España, despois de Madrid.
Segundo os datos do Clúster da Función Loxística de Galicia, no mes de xuño, destaca o incremento acadado nas provincias de Ourense e Lugo, con taxas interanuais do 51% e o 25% respectivamente, e A Coruña, cunha taxa interanual do 0,35%. Polo contrario, na provincia de Pontevedra diminuíron nun 0,13% con respecto ao mesmo período do ano anterior.
Con respecto ás importacións, estas se incrementaron nun 24%, repunte que se explica polo notable aumento das compras exteriores nas provincias da Coruña (68%), Ourense (28%) e Pontevedra (6%).
O comercio galego continúa na senda de recuperación acadando volumes previos á crise sanitaria e posicionándose cun superávit comercial de 303 millóns de euros.
O sector da automoción á cabeza do comercio exterior galego
Os automóbiles e tractores son os produtos que maior incidencia tiveron dentro das exportacións galegas en xuño. Seguen as manufacturas, o sector da alimentación e os combustibles. O conxunto destes sectores supón o 60% do total das exportacións realizadas na nosa comunidade.
Con respecto ás importacións, estas aumentaron notablemente en comparación con xuño de 2020, en concreto nun 23%. Os sectores que se sitúan nos primeiros postos son o automobilístico (cunha taxa dun 6% con respecto ao ano anterior), sector alimentación (19%), combustibles e aceites (154%) e fundición, ferro e aceiro (55%).
A UE segue posicionada como principal destino das exportacións en Galicia
A Unión Europea (UE) segue a ser o destino principal das exportacións, acadando un 62% sobre o total das transaccións internacionais da nosa comunidade. Francia se mantén á cabeza como principal socio comercial cun 22% do total, lle segue Portugal (13%), Italia (10%), Alemaña (6%) e Bélxica (4%).
Fora da UE, destacan como principais destinos Marrocos cun 4,8% sobre o total, Reino Unido (4,3%), Estados Unidos (3,4%), Turquía (1,2%) e China (1,1%).
No caso das importacións, máis do 50% das compras galegas proveñen da UE. A maior parte se realizan con Francia (27% do total), Portugal (9,7%), Italia (4%) e Alemaña (3,7%). Fora de Europa xogan un papel destacado China (5,9%), Marrocos (4,7%), Estados Unidos (3,2%), Turquía (3,1%) e Rusia (2,5%).
En conclusión, o comercio galego continúa na senda da recuperación no primeiro semestre de 2021, cuns datos moi positivos respecto ao mesmo período do ano anterior e recuperando volumes previos á crise da Covid-19.