
21 Xul O comercio exterior galego continúa a recuperación dos volumes previos á crise da Covid-19
21 de xullo 2021
As exportacións galegas acadan no mes de maio un valor de 2.103 millóns de euros.
O sector da automoción lidera o comercio exterior na nosa comunidade.
A través da ferramenta de información dinámica (LDP) do clúster, se obteñen os datos máis recentes do comercio exterior galego ao máximo nivel de desagregación.
Con respecto aos cinco primeiros meses do ano, as exportacións aumentaron un 41% respecto ao mesmo período do ano anterior, alcanzándose un superávit comercial de 675 millóns de euros. Destaca o incremento alcanzado nas provincias da Coruña, Ourense e Pontevedra. Pola contra, na provincia de Lugo, diminuíron nun 7% con respecto ao mesmo mes do ano anterior. As importacións tamén se incrementaron, en relación co ano anterior, repunta que se explica polo notable aumento das compras exteriores nas provincias da Coruña , Ourense e Pontevedra .
O sector da automoción á cabeza do comercio exterior galego
Os automóbiles e tractores son os produtos que maior incidencia tiveron dentro das exportacións galegas en maio. Séguenlle os barcos e embarcacións, as manufacturas, o sector da alimentación e os combustibles. O conxunto destes sectores supón o 63% das exportacións realizadas na nosa comunidade.
Con respecto ás importacións, os sectores que se sitúan nos primeiros postos das importacións galegas son o automobilístico , combustibles e aceites, fundición, ferro e aceiro e semimanufacturas .
A UE segue posicionada como principal destino do comercio exterior galego
A UE sigue sendo o destino principal das exportacións, alcanzando un 62% sobre o total das transaccións internacionais da nosa comunidade. Francia mantense á cabeza como principal socio comercial cun 17,3% do total. Destacan tamén, Portugal (11,5%), Italia (8.2%), Alemaña (4.4%) e Bélxica (4,3%).
Fóra da UE, destacan como principais destinos Reino Unido, supoñendo un 4,3% sobre o total, Marrocos (3,6%), Estados Unidos (2,8%), Turquía (2,1%) e Xapón (1,1%).
No caso das importacións, máis do 54% das compras galegas proveñen da UE. A maior parte realízanse con Francia, (27% do total), Portugal (10,3%), Alemaña (4,3%) e Países Baixos (1,8%). Fóra desta área, destacan Estados Unidos (7%), China (5,4%), Marrocos (4,7%), Turquía (2,6%) e Libia (2,4%).
En conclusión, o comercio exterior galego continúa na senda da recuperación nos primeiros meses de 2021, cuns datos moi positivos respecto ao mesmo período do ano 2020 e recuperando volumes previos á crise da Covid-19.