O Cluster e o sector do transporte xustifican unha bonificación mínima do 55% nas tarifas da AP-9

7 de xuño 2021

O Cluster e o sector do transporte xustifican unha bonificación mínima do 55% nas tarifas da AP-9

O Clúster da Función Loxística de Galicia, ante a falta de información sobre a proposta de descontos e bonificacións ao tráfico pesado na autoestrada AP-9, defende xunto con outros axentes representantes do sector do transporte unha bonificación do 100% no prezo das tarifas para o transporte pesado de mercadorías, supoñendo un 55% o mínimo irrenunciable para non perxudicar a competitividade da rexión.

Se a dispersión poblacional e a ineficiencia de outros nodos para o transporte de distancias curtas fan que o transporte por estrada sexa a vía principal de movemento de mercadorías dentro da rexión, a falta de vías alternativas provoca a dependencia case total á AP-9 no eixo atlántico, o que a día de hoxe está supoñendo un lastre na competitividade das empresas da comunidade, e un sobrecoste que remata por afectar aos consumidores finais.

Este é un dos motivos expostos polo Cluster para motivar a solicitude de bonificacións emitidas ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbá, entre outras como a minoración da siniestralidade que supoñe canalizar o transporte pesado por vías de alta capacidade e a redución de tráfico pesado nos núcleos urbanos.

Ler máis