PLISAN

Convócase a poxa pública de case 280.000 m2 na PLISAN.

4 de xuño 2021

Convócase a poxa pública de case 280.000 m2 na PLISAN

O Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) convocou unha poxa pública para sacar ao mercado a prezos competitivos case 280.000 metros cadrados repartidos en 39 parcelas na Plataforma Loxística e Industrial de Salvaterra de Miño-As Neves (PLISAN), unha superficie á que poderán acceder as empresas interesadas tanto en réxime de compravenda como en dereito de superficie.

Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, salientou a importancia desta nova poxa pública sobre a PLISAN, maior área empresarial do sur de Galicia, a cal é promovida pola Xunta, Autoridade Portuaria de Vigo e Zona Franca.

No mesmo sentido que a primeira poxa que tivo lugar no ano 2019, esta segunda poxa de solo na área loxística empresarial da PLISAN búscase facilitar ao máximo novos asentamentos empresariais, por medio de prezos “moi compeitivos” según indica a conselleira.

Segundo o anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia, as empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata o 31 de agosto. En todos os casos deberán facelo por carta certificada a través das oficinas de Correos e dirixindo a documentación requirida aos servizos centrais do IGVS, en Santiago.

Ademáis de informar sobre a poxa, na reunión mantida entre a conselleira e os representantes da patronal, tamén analizaron o alcance que terá para Pontevedra a modificación do Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais de Galicia (PSOAEG) na que traballa actualmente a Xunta. A conselleira indicou que a revisión do PSOAEG incorporaría preto dun millón de metros cadrados á planificación de novo solo empresarial na provincia que non están contemplados no documento vixente.

Estas modificación do PSOAEG por parte da Xunta, buscan adaptar o máximo posible o contido do plan ás necesidades reais de solo industrial de cada zona de Galicia, co fin de que dispoñer dunha ferramenta de planificación útil e actualizada que se adapte á demanda de superficie para usos industriais existente.

Ler máis