
02 Xuñ Un grupo de empresas buscan mellorar a súa función loxística e de cadea de subministración a través de CBA
2 de xuño 2021
Un grupo de empresas buscan mellorar a súa función loxística e de cadea de subministración a través de CoLogistics Business Accelerator ( CBA).
CoLogistics Business Accelerator ( CBA) é unha aceleradora de empresas relacionada coa función loxística e cadea de subministración. CBA é unha iniciativa que ten a súa orixe en Proxecto Estrutura de colaboración loxística na Eurorrexión CoLogistics, o cal impulsa a colaboración transfronteiriza, entre Galicia e Norte de Portugal, no ámbito do transporte e a loxística. Entre os socios deste proxecto podemos atopar a unha das Autoridades Portuarias do noso Clúster, o Porto de Vigo.
CBA busca como mínimo 20 proxectos de emprendemento que poidan dar solución á demanda tecnolóxica dunha serie de empresas para mellorar a súa función loxística e de cadea de subministración. Entre as súas empresas tractoras podemos atopar a catro dos nosos socios: Babé, Altia, Deltacargo e Perez Torres.
As súas necesidades están relacionados con:
Desenvolvemento de software, simulación virtual de procesos, visión artificial, robótica, xeolocalización e tracking de envíos, AGVs…
Os proxectos que queiran participar, que poden ser tanto persoas físicas como de persoas xurídicas que non superen os 42 meses desde a súa creación, poderano facer en calquera das dúas convocatorias existentes, unha en Galicia e outra no Norte de Portugal.
A convocatoria está aberta ata o 30 de xullo.