
28 Mai O Porto de Vigo saca a concurso a contratación dun servizo de plataforma tecnolóxica de administración electrónica.
28 de maio 2021
O Porto de Vigo quere eliminar o papel.
A Autoridade Portuaria de Vigo comprométese a modernizar e dixitalizar a súa xestión como parte do seu Plan Estratéxico. O Plan Blue Growth busca, entre outras cousas, facer do Porto de Vigo un motor de innovación dentro do seu contorno socioeconómico.
Para iso, o Porto de Vigo acaba de lanzar unha licitación para contratar un servizo de plataforma tecnolóxica de administración electrónica cun orzamento total de 223.972,80 €.
Todas as empresas que estean interesadas en participar teñen ata as 14:00 horas do 15 de xuño para presentar as súas ofertas.
O que o Porto de Vigo busca con esta licitación é a eliminación do papel físico nos trámites administrativos, gañando así eficiencia tanto na xestión interna como externa. O Porto quere seguir prestando un servizo de calidade dun xeito máis áxil e transparente.